lunes, 14 de marzo de 2011

Discrepancia nº2: Desigualdade económica e axuda internacional. Un beneficio global.

Estamos a vivir nun mundo que experimenta un proceso de cambios, que comezaron xa fai varios séculos. Non estou a falar de outra cousa que o desenvolvemento económico, que comeza coa Revolución Industrial no século XVII. Sen embargo, este desenvolvemento económico dalgunhas rexións do planeta deu lugar a maiores desigualdades que as xa existentes, o que resulta controvertido e ata semella que perxudicial para a xente que habita nos países subdesenvolvidos.

Creo que esta é unha das maiores falacias que presentan as críticas á globalización na actualidade. É dicir ¿É perxudicial a desigualdade económica? Dende logo, non no contexto actual. Antes do desenvolvemento económico que se dá trala Revolución Industrial, a situación natural do ser humano é a pobreza, a miseria, o peligro ante a morte de fame, situación que se daba en todo o mundo. Ahora non é así. Aínda que admitíramos que a maior parte do mundo subdesenvolvido siga igual que fai douscentos anos (eu creo que melloraron económicamente), non é malo que parte da humanidade salira desta situación de progreso. Todo o contrario é tremendamente positivo, xa que a miúdo fai posible que outros lugares se desenvolvan con maior rapidez incluso. Por outra parte, creo que a maior parte dos países subdesenvolvidos experimentaron un importante avance. Poño como exemplo a América Latina, que dende 1950 ate o 2000 mantivo unha tasa de crecemento do 5% anual, según Dénis-Clair Lambert, 19 Américas Latinas, decadencias e despegues. Outro enlace interesante relativo a este tema é o seguinte: http://archives.uruguay.usembassy.gov/usaweb/paginas/2006/06-284ES.shtml
De tódolos xeitos, as desigualdades despertan no mundo occidental un sentimento de solidaridade. Esto como no, implica que moitos pidan axudas gubernamentales para estos países do Terceiro Mundo. Sen embargo, parece que estas axudas estatais non funcionan como deberían. Marcus Taylor e Susanne Soederberg bótanlle a culpa ao pequeno tamaño das mesmas. Eu non o vexo así. Según Jean François Revel en La obsesión antiamericana o continente africano ten recibido o equivalente de varios plans Marshall, 4 veces máis que o recibido por América Latina ou Asia. Non me parece que sexan créditos pequenos. O verdadeiro problema está en que as axudas estatais pasan de goberno a goberno, e os gobernos dos países subdesenvolvidos non se caracterizan polo súa falta de corrupción precisamente. Dende logo, é imposible crear unha certa igualdade económica entre a maior parte das rexións do mundo se non hai certa heteroxeneidade política (eu creo que é imposible de tódolos xeitos).

Así, chegamos ao caso das axudas de empresas privadas para o desenvolvemento. Creo que os autores do artigo (Negocio e caridade ¿a quén beneficia a axuda internacional?) están tremendamente equivocados. Afirman que é unha paradoxa que as empresas proporcionen axuda, xa que o seu obxectivo é un maior lucro, cousa que consideran tremendamente negativa. ¿Por que vai ser paradóxico? ¿Por que se benefician os habitantes dos lugares a onde as empresas deslocalizaron as súas industrias? Pareceme un grave error. Os habitantes do lugar benefícianse dende o primeiro momento en que a empresa se deslocaliza, xa que entran nun proceso de crecemento acumulativo de riqueza, que lles permite un crecemento económico. Ámbalas partes saen gañando. Sen embargo os autores critican as axudas dicindo que simplemente é para dar boa impresión ao mercado occidental. Aínda que fora así ¿importa realmente? A xente deses lugares sae beneficiada, e creo que iso é o realmente importante. Por outra parte, á empresa impórtalles esta mellora, xa que se os seus traballadores incrementan o seu benestar, incrementaran probablemente a producción. A miña impresión é dende logo, que a rasgos xerais todo o mundo sae gañando.

Un saúdo e boa sorte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario