sábado, 19 de febrero de 2011

Discrepancia nº1: ¿Son culpa do capitalismo as desigualdades agrarias a nivel mundial?

A veces as cousas non son o que parecen. Por exemplo, cando unha multinacional se fai cun extenso número de terras co obxetivo de empregalas para a plantación de diferentes cultivos, facendo así que os campesiños que antes posuían esa terra se vexan destinados a unha miseria case completa. Inmediatamente, a nosa cabeza pensa nos empresarios que se aproveitan dos demáis, relacionandoo de inmediato co noso sistema económico, que permite tales accións. Realmente ¿permite o noso sistema económico, o capitalismo tales accións?
O capitalismo defende como unha das súas ideas principais a libre transacción de bens, polo que obviamente non estamos a tratar cun caso no que non se respeta este sistema tan vixente, nin sequera remotamente. ¿Por qué? Porque, evidentemente, se o campesiño ve a venda das súas terras como un problema para a súa subsistencia, de existir libre intercambio de bens, non as venderá. E de non existir libre intercambio de bens xa non falamos de capitalismo. Na miña opinión, en calquera transacción libre e informada non hai unha perda para ningunha das partes, senón que seguramente ámbalas dúas saian gañando, sen embargo, cando está transacción non é libre, existe un número moito maior de posibilidades de que unha parte saia perxudicada. A falta de liberdade no intercambio pode deberse a varios motivos, pero normalmente débese á intervención do Estado. Este é o caso do proxecto Daewoo en Madagascar, por exemplo (http://www.invertia.com/noticias/articulo-final.asp?idNoticia=2115271).

Pese a todo, as diferencias a nivel global todavía existen. Polo tanto, é importante preguntarnos, ao fin de entendermos estas desigualdades e solucionalas, as súas causas. De novo atopámonos co sistema económico como posible causante de estas diferencias. Sen embargo se exáminamos o panorama mundial, ao menos a nivel agrícola, observamos que non se respeta este sistema económico tanto como algúns pretenden. É dicir ¿realmente vivimos nun modelo económico global capitalista cando os países desenvolvidos presentan tal grado de proteccionismo? A PAC fai moito máis mal aos países subdesenvolvidos que a deslocalización, por exemplo. "Deixádenos competir libremente no mundo global", afirmaron varios presidentes de países africanos no Foro de Davos de 2003 (última páxina de este artigo http://socrates.ieem.edu.uy/articulos/archivos/92_apertura_del_comercio.pdf ). Pola súa banda, varios mandatarios de países latinoamericanos critican o proteccionismo agrícola dos países desenvolvidos, mandatarios como o uruguayo José Mujica ou o brasileiro "Lula da Silva" (http://www.elpais.com.uy/100419/ultmo-483476/ultimomomento/Mujica-cuestiono-el-proteccionismo-agricola-de-las-grandes-economias/). Estas medidas proteccionistas son contrarias ao capitalismo: o libre comercio é unha das súas teses fundamentais.

Os países desenvolvidos aproveitanse a miúdo dos países máis pobres, dende logo, pero ao meu parecer, despois do exposto anteriormente, non o fan aproveitando a conxuntura que lles ofrece o capitalismo. Porque o sistema mundial non é capitalista por completo, senón que ten certas diferencias respecto a este modelo, e, segundo eu penso, son estas diferencias as que a miúdo causan máis grandes estragos.

Así que de novo pregunto: ¿Son culpa do capitalismo as desigualdades agrarias a nivel mundial?

9 comentarios:

  1. si, hai algún factor máis minoritário, mais si xD

    ResponderEliminar
  2. Gustariame saber que entendes por sistema capitalista, porque dende logo o redactado por Adam Smith non é, máis...que é se non??
    Co que si que discrepo totalmente é co de que os países desenvolvidos non se aproveitan do capitalismo para aproveitarse dos pobres, pero non vou coentar máis que aínda non escribín nada xD

    ResponderEliminar
  3. Por capitalismo entendo aquel sistema económico no que a intervención do Estado na economía esta reducida ao mínimo(evidentemente este mínimo dependerá da persoa xD), así como a existencia da propiedade privada como base fundamental da liberdade económica. Creo que a partir de aquí se entenden conceptos como o da libre transacción de bens, do que falo no texto.

    O que eu sei de Adam Smith é pouco, pero a idea que teño é que defendeu a importanca crecemento económico no benestar social, impulsando este crecemento económico mediante unha economía de mercado, é decir, a competencia. Polo que recordo, da especial valor á división do traballo. O meu coñecemento acerca de el é moi limitado xa que non leín nada seu xD, pero non me extrañaría que existirán diferencias entre o seu pensamento e o meu, xa que pasarón un par de séculos de desenvolvemento da teoría do capitalismo dende que el viveu.

    Por outra banda quizais me falte precisar no texto que non se aproveitan unicamente dos aspectos capitalistas do sistema, pero gustaríame que me dixeras o que opinas sobre eso.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. Recén despertado chego e me encontro tamaña resposta.....bueno, a ver que podo dicir.

    Contestándote, está claro que non se aproveitan so das fallas do sistema capitalista, pero claramente é un sistema que favorece o enriquecemento á costa das persoas de pouco recursos. Ninguén pode negar que o interese do capital privado (ou público, que hai de todo) dos países poderosos no terceiro mundo é por puro interese. E o capitalismo favorece esto, co conto do libre intercambio de terras podes comprar graaaaaandes extensións de terreo a precios mínimos, e aproveitar os seus recursos sen ter en conta as necesidades da poboación. Non entrarei no aspectos de porque ou como se venden (aínda que pareza raro non quero quedar sen tema para o meu, que postergo día a día xD).

    Paz, amor, y el plus pal salón.

    ResponderEliminar
  5. Deberíamos ter en conta que o capitalismo é como tantos sistemas políticos un conxunto de "ideais", conceptos que levados á práctica non poden alcanzar esa perfección que tiveron sobre os folios. Polo cal eu digo...sexa culpable o capitalismo ou a imaxe que temos del, cómo se aplica, o certo é que non é un sistema satisfactorio. Quizáis sí o máis adecuado dentro dos coñecidos . ...pois houbo explotación con monarquías e innegablemente con réximes totalitarios... Pero aquí defendes un ideal nunca levado a cabo, como outros tantos.

    ResponderEliminar
  6. Micho:
    Claro que o interese dos empresarios de comprar terras no terceiro mundo é puramente económico, pero isto non debería ser negativo no caso de estar ante un sistema de libre comercio, xa que o dono da terra non a vendería se salira perdendo. Ademáis, tamén hai que ter en conta que ao ser un interese económico o da deslocalización con esta tamén se consigue o aumento de salario, que ao ser invertido xenera novos postos de traballo. Esta creo eu que é outra idea interesante para levar a debate.

    Sandra Ale:
    Non creo que o capitalismo sexa un sistema perfecto, basicamente por que non creo que haxa un sistema perfecto para aplicar a un ser imperfecto como o ser humano. Por outra banda, aínda que é un ideal que nunca foi levado a cabo a nivel mundial, pero sempre que un país practicou o libre mercado, supuxo un aumento económico e social a nivel xeneral, incluso nas máis horrendas dictaduras. Exemplos de isto témolos por exemplo coa apertura do réxime franquista; ou coa Nova Política Económica(NEP), aplicada na URSS despois do desastroso "comunismo de guerra", que causou uns niveles de fame increíbles. Sin embargo, a NEP aplicada á agricultura, coa reinstauración da propiedade privada deu frutos positivos, dentro do marco totalitario da Unión Soviética.

    Un saúdo e sorte nos vosos blogs.

    ResponderEliminar
  7. No se en donde ves proteccionismo cuando en el mercado de futuros de Chicago se compran cosdechas antes de que se plante una sola semilla, a manos de grandes corporaciones alimentarias, y moviéndolas de un lugar a otro del planeta, allá donde resulte más rentable.Con la comida no se juega al Monopoly, esto no es libremercado, éste es corporacionismo mundial (más parecido a fascismo que al capitalismo), ojalá tuviésemos realmente libremercado y pudiésemos competir todos en igualdad. Por eso el neoliberalismo no tiene nada que ver con el liberalismo clásico.

    ResponderEliminar
  8. Creo yo que el proteccionismo no tiene nada que ver con que se haga un trato acerca de la compra de una cosecha, aunque se se realize la compra antes de ser plantada la cosecha. Es como si tu encargas un objeto manufacturado y lo pagas por anticipado. El proteccionismo es hacer que las empresas extranjeras a un país tengan que pagar por vender en ese país, aumentando los costes y el precio de venta. Si quieres saber de donde saco que existe proteccionismo no tienes más que mirar los enlaces, creo que esta claro.

    Por otra parte, tu me das la razon en tu crítica: "ojalá tuviésemos realmente libremercado y pudiésemos competir todos en igualdad", dices, y eso es precisamente lo que yo trato de defender en esta entrada, especialmente respecto a la producción de alimentos. Me da igual a que ideología o forma política pertenezca esta idea, por que me parece la más positiva para el desarrollo económico.

    ResponderEliminar
  9. Te quedas con las ideas que te gustan, cuando deberías de quedarte con el todo. Y no estamos hablando de juguetes o coches, estamos hablando de comida, de vidas. El proteccionismo se basa en trabas para vender un producto foráneo en el país en cuestión, algo que en la práctica no se ve en este problema, pues las empresas foráneas consiguen mediante corruptelas la compra de tierras. Aun así lo más criticable, y de lo cual no me mencionas es la especulación. Como defender estrategias especulativas que juegan factores como hambrunas o guerras. Creo que esta crisis que sufrimos, ha dejado algo claro, el neoliberalismo no es la solución.

    ResponderEliminar