lunes, 14 de marzo de 2011

Discrepancia nº2: Desigualdade económica e axuda internacional. Un beneficio global.

Estamos a vivir nun mundo que experimenta un proceso de cambios, que comezaron xa fai varios séculos. Non estou a falar de outra cousa que o desenvolvemento económico, que comeza coa Revolución Industrial no século XVII. Sen embargo, este desenvolvemento económico dalgunhas rexións do planeta deu lugar a maiores desigualdades que as xa existentes, o que resulta controvertido e ata semella que perxudicial para a xente que habita nos países subdesenvolvidos.

Creo que esta é unha das maiores falacias que presentan as críticas á globalización na actualidade. É dicir ¿É perxudicial a desigualdade económica? Dende logo, non no contexto actual. Antes do desenvolvemento económico que se dá trala Revolución Industrial, a situación natural do ser humano é a pobreza, a miseria, o peligro ante a morte de fame, situación que se daba en todo o mundo. Ahora non é así. Aínda que admitíramos que a maior parte do mundo subdesenvolvido siga igual que fai douscentos anos (eu creo que melloraron económicamente), non é malo que parte da humanidade salira desta situación de progreso. Todo o contrario é tremendamente positivo, xa que a miúdo fai posible que outros lugares se desenvolvan con maior rapidez incluso. Por outra parte, creo que a maior parte dos países subdesenvolvidos experimentaron un importante avance. Poño como exemplo a América Latina, que dende 1950 ate o 2000 mantivo unha tasa de crecemento do 5% anual, según Dénis-Clair Lambert, 19 Américas Latinas, decadencias e despegues. Outro enlace interesante relativo a este tema é o seguinte: http://archives.uruguay.usembassy.gov/usaweb/paginas/2006/06-284ES.shtml
De tódolos xeitos, as desigualdades despertan no mundo occidental un sentimento de solidaridade. Esto como no, implica que moitos pidan axudas gubernamentales para estos países do Terceiro Mundo. Sen embargo, parece que estas axudas estatais non funcionan como deberían. Marcus Taylor e Susanne Soederberg bótanlle a culpa ao pequeno tamaño das mesmas. Eu non o vexo así. Según Jean François Revel en La obsesión antiamericana o continente africano ten recibido o equivalente de varios plans Marshall, 4 veces máis que o recibido por América Latina ou Asia. Non me parece que sexan créditos pequenos. O verdadeiro problema está en que as axudas estatais pasan de goberno a goberno, e os gobernos dos países subdesenvolvidos non se caracterizan polo súa falta de corrupción precisamente. Dende logo, é imposible crear unha certa igualdade económica entre a maior parte das rexións do mundo se non hai certa heteroxeneidade política (eu creo que é imposible de tódolos xeitos).

Así, chegamos ao caso das axudas de empresas privadas para o desenvolvemento. Creo que os autores do artigo (Negocio e caridade ¿a quén beneficia a axuda internacional?) están tremendamente equivocados. Afirman que é unha paradoxa que as empresas proporcionen axuda, xa que o seu obxectivo é un maior lucro, cousa que consideran tremendamente negativa. ¿Por que vai ser paradóxico? ¿Por que se benefician os habitantes dos lugares a onde as empresas deslocalizaron as súas industrias? Pareceme un grave error. Os habitantes do lugar benefícianse dende o primeiro momento en que a empresa se deslocaliza, xa que entran nun proceso de crecemento acumulativo de riqueza, que lles permite un crecemento económico. Ámbalas partes saen gañando. Sen embargo os autores critican as axudas dicindo que simplemente é para dar boa impresión ao mercado occidental. Aínda que fora así ¿importa realmente? A xente deses lugares sae beneficiada, e creo que iso é o realmente importante. Por outra parte, á empresa impórtalles esta mellora, xa que se os seus traballadores incrementan o seu benestar, incrementaran probablemente a producción. A miña impresión é dende logo, que a rasgos xerais todo o mundo sae gañando.

Un saúdo e boa sorte.

sábado, 19 de febrero de 2011

Discrepancia nº1: ¿Son culpa do capitalismo as desigualdades agrarias a nivel mundial?

A veces as cousas non son o que parecen. Por exemplo, cando unha multinacional se fai cun extenso número de terras co obxetivo de empregalas para a plantación de diferentes cultivos, facendo así que os campesiños que antes posuían esa terra se vexan destinados a unha miseria case completa. Inmediatamente, a nosa cabeza pensa nos empresarios que se aproveitan dos demáis, relacionandoo de inmediato co noso sistema económico, que permite tales accións. Realmente ¿permite o noso sistema económico, o capitalismo tales accións?
O capitalismo defende como unha das súas ideas principais a libre transacción de bens, polo que obviamente non estamos a tratar cun caso no que non se respeta este sistema tan vixente, nin sequera remotamente. ¿Por qué? Porque, evidentemente, se o campesiño ve a venda das súas terras como un problema para a súa subsistencia, de existir libre intercambio de bens, non as venderá. E de non existir libre intercambio de bens xa non falamos de capitalismo. Na miña opinión, en calquera transacción libre e informada non hai unha perda para ningunha das partes, senón que seguramente ámbalas dúas saian gañando, sen embargo, cando está transacción non é libre, existe un número moito maior de posibilidades de que unha parte saia perxudicada. A falta de liberdade no intercambio pode deberse a varios motivos, pero normalmente débese á intervención do Estado. Este é o caso do proxecto Daewoo en Madagascar, por exemplo (http://www.invertia.com/noticias/articulo-final.asp?idNoticia=2115271).

Pese a todo, as diferencias a nivel global todavía existen. Polo tanto, é importante preguntarnos, ao fin de entendermos estas desigualdades e solucionalas, as súas causas. De novo atopámonos co sistema económico como posible causante de estas diferencias. Sen embargo se exáminamos o panorama mundial, ao menos a nivel agrícola, observamos que non se respeta este sistema económico tanto como algúns pretenden. É dicir ¿realmente vivimos nun modelo económico global capitalista cando os países desenvolvidos presentan tal grado de proteccionismo? A PAC fai moito máis mal aos países subdesenvolvidos que a deslocalización, por exemplo. "Deixádenos competir libremente no mundo global", afirmaron varios presidentes de países africanos no Foro de Davos de 2003 (última páxina de este artigo http://socrates.ieem.edu.uy/articulos/archivos/92_apertura_del_comercio.pdf ). Pola súa banda, varios mandatarios de países latinoamericanos critican o proteccionismo agrícola dos países desenvolvidos, mandatarios como o uruguayo José Mujica ou o brasileiro "Lula da Silva" (http://www.elpais.com.uy/100419/ultmo-483476/ultimomomento/Mujica-cuestiono-el-proteccionismo-agricola-de-las-grandes-economias/). Estas medidas proteccionistas son contrarias ao capitalismo: o libre comercio é unha das súas teses fundamentais.

Os países desenvolvidos aproveitanse a miúdo dos países máis pobres, dende logo, pero ao meu parecer, despois do exposto anteriormente, non o fan aproveitando a conxuntura que lles ofrece o capitalismo. Porque o sistema mundial non é capitalista por completo, senón que ten certas diferencias respecto a este modelo, e, segundo eu penso, son estas diferencias as que a miúdo causan máis grandes estragos.

Así que de novo pregunto: ¿Son culpa do capitalismo as desigualdades agrarias a nivel mundial?